Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela celebra a Rosalía

RR_Noticias

O Concello celebrará un acto na memoria de Rosalía de Castro co gallo do aniversario da escritora que consistirá na lectura dos seus versos e un concerto a cargo de Son trío. O acto terá lugar o sábado 23 ás 12:00h na alameda que leva o seu nome no centro de Chapela. Tamén dentro desta programación organízase un concerto, enmarcado no Pórtico Sonoro, a cargo do grupo Evoéh o domingo ás 18:00 horas na Igrexa de Vilavella.

Desde 2018, o municipio dispón dun espazo público propio no que poder celebrar os actos na honra da poeta galega, lembrando a súa talla literaria e culta, a súa figura solidaria cos que menos tiñan e tamén a dor ante as inxustizas. Así pois, convócase a todos os veciños e veciñas a este acto homenaxe o vindeiro día 23 de febreiro a partir das 12.00 horas. Na homenaxe leranse versos, farase unha ofrenda floral á autora alí presente por medio da súa esfinxe e posteriormente os asistentes poderán gozar dun concerto a cargo de Son Trío, con composición elaboradas a partir das letras de Rosalía. Tamén, e como xa vendo costume, repartiranse camelias entre os asistentes, a flor que representa a autora galega. Por outra banda, o domingo o grupo Evoéh ofrecerá un concerto ás seis da tarde na Igrexa de Vilavella cun repertorio no que poñen música aos poemas de Rosalía. O concerto está enmarcado no Ciclo Pórtico Sonoro.    

Xurxo Martínez Normalización
Día de Rosalía

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará