Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Paxaretas denuncia o “trato precario” ás vítimas de violencia machista no xulgado de Redondela

RR_Noticias

O colectivo feminista trasladará ao pleno que se celebra este xoves unha moción na que reclaman o apoio dos grupos políticos para esixir que se mellore a atención que as vítimas de violencia de xénero reciben no xulgado número 2 de Redondela. Unha “atención precaria” que segundo explican responde á falta de protocolos de actuación específicos en materia de xénero así como á falta dun espazo axeitado no que as vítimas poidan ser atendidas.

No pleno ordinario que se celebra este xoves ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira abordaranse entre outras cuestión unha mocións presentada pola Asemblea Feminista Paxaretas coa que buscan denunciar as carencias en materia de xénero do Xulgado número 2 de Redondela. Dita sala asume as competencias de violencia machista dun xeito precario xa que segundo os traballadores do xulgado non existen protocolos de actuación específicos en materia de xénero nin asistencia psicolóxica para as vítimas. Non está dotados cun espazo no que garantir a seguridade das vítimas e a non contaminación das declaracións debido a que non están separados dalgunha das partes. Tamén denuncian que non exista unha sala especializada onde as vítimas poidan ter garantida a súa integridade, intimidade e asesoramento xurídico.
Na mesma sesión debaterase o convenio entre Concello e consorcio galego para o centro de día de Cesantes en base ao cal 5 das prazas vacantes quedarían a disposición dos servizos sociais municipais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará