Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Enrique Fojo, candidato de Unidas Podemos á alcaldía de Redondela

RR_Noticias

Como cabeza de lista desta candidatura, unha coalición de Podemos e Esquerda Unida, confía mellorar os resultados de hai catro anos cando esta formación que se presentara a eses comicios como Redondela Pode lograra un único representante. Insiste Fojo na necesidade de recuperar o goberno de Redondela para a esquerda. Confesa que neste mandato puideron ter feito máis do que fixeron pero “preferimos manter un perfil baixo porque eramos persoas alleas a política”. As nosas aspiracións agora son maiores e confían en incrementar o número de apoios nas urnas.

Barbeiro de profesión chegou á política activa hai dous anos logo de substituír a Raquel Quintáns na corporación municipal quen fora elixida por Redondela Pode. Guerras internas lles obrigaron a renunciar a ese partido instrumental e pasou a ser o edil non adscrito. Dous anos na corporación “que non foron doados” pero que lle serviron para aprender e para afrontar o que poida ser o próximo mandato con máis confianza. Confía en acadar unha maior representación que lles permita “abandonar o perfil baixo que mantiveron nestes anos”. Fojo será o cabeza de lista dunha candidatura na que lle seguen Jenni Fernández, unha moza de tan só 19 anos e Miguel Crespo de número tras. O primeiro da lista en representación de Esquerda Unida será Oscar Benavides. Malia que non presentan un programa pechado porque entenden que hai que estar abertos a todas as achegas de colectivos de cidadanía e ademais “non queremos ser como outras partidos que prometen demasiado sabendo que non van cumprir eses compromisos” con todo si apuntan unha liñas xerais que pasan por remunicipalizar servizo, obrigar ás grandes empresas a pagar aqueles impostos que teñan repercusión no ámbito local e facer políticas de recuperación da ría.  

Enrique Fojo Candidato Unidas Podemos
Unha coalición coa que esperan mellorar resultados
Goberno de esquerdas
Un dos obxectivos é sacar ao PP da alcaldía
Programa aberto
Non queren prometer cousas que non se pdoen cumprir

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará