O Pazo de Santa Teresa acolle este xoves o II encontro de mulleres empresariais e emprendedoras organizado pola Asociación de empresarios de Redondela. Dende primeira hora da mañá e antes do inicio da xornada laboral as empresarias da localidade daranse para por en común os retos que como mulleres empresarias teñen que asumir no seu día a día.
O evento conta co patrocinio do Banco Mediolanum, no que participará a Responsable da Zona Norte de Banco Mediolanum, Ivonne Pousa Alonso xunto coa Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella.
Neste encontro, no que a perspectiva de xénero na empresa e nas finanzas e as medidas de Apoio ao colectivo empresarial feminino terá un protagonismo absoluto, contará tamén coa testemuña aportada por unha empresaria e emprendedora local, Verónica Costa. Con esta actividade preténdese por en valor a contribución de todas as “microexperiencias” de emprendemento local que están a consolidar emprego e actividade na vilas e cidades e apostado por un modelo de crecemento sostible e con grande arraigo nos valores do territorio.