Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Co táper ao restaurante

RR_Noticias

A Xunta pretende que a partir do ano que vén os restaurantes galegos estean obrigados a ofrecer aos seus clientes a comida que lles sobre e entregarlla nun recipiente que sexa “reutilizable”. E xa ha i polémica. Os hostaleiros están conformes en que o cliente leve o excedente de comida, pero rexeitan asumir o custe de envases tipo “táper”. En Redondela advirten que os clientes “terán que pagalo ou levalo da casa”.

A nova Lei de Residuos que prepara a Xunta de Galicia aínda non viu a luz e xa ten polémica. Os restaurantes galegos rexeitan asumir o sobrecusto que lle impón ao ter que entregar aos clientes a comida sobrante nun envase. Os hostaleiros de Redondela explican que xa é unha práctica habitual ofrecer aos clientes a comida que lles sobra, pero fano en envases de plástico ou alumnio, de un só uso, que teñen un prezo económico. Se a normativa os obriga a utilizar envases reutilizables, que teñen un custe de 0,5 ou 1,5 euros “deberán repercutilo no prezo”. É a postura de hostaleiros de Redondela como Carlos, de Casa Mucha. No Bar Nando, en Chapela, teñen o mesmo criterio. Entenden que deben repercutir os costes ou compartilos co cliente, xa que a marxe de beneficio “é moi axustada”. Na asociación de hostaleiros de Pontevedra defenden a mesma postura, advirten que o custe dos envases deberá repercutirse ao cliente, ou ben que eles leven o túper da casa “do mesmo xeito que fan agora os supermercados coas bolsas de plástico”. Unha nova situación á que terán que adaptarse os clientes dos restaurantes. Algúns veciños de Redondela como José, Maribel e Manolo afirman que “haberá que acostumarse, como pasou coas bolsas no súper”. Moitos asumen que, co tempo, a situación chegará a normalizarse. Ferreira e Tere sinalan que os clientes acabarán pagando o táper “ou levándoo da casa”. Salubridade dos alimentos Por outra banda os restaurantes e empresas de cáterin piden unha regulación especial para a comida sobrante dos grandes banquetes, como vodas, bautizos, comuñóns ou comidas de empresas con moitos comensais. Demandan que a nova norma deixe claro “que se entende por sobras”. Tamén en que condicións debe entregrarse a comida e quen se fai responsable da salubridade dos alimentos, unha vez saíron do restaurante. Regina, cociñeira do Bar Nando, explica que o hostaleiro garante as condicións óptimas da comida que sirve no local “pero non da que levan os clientes para a casa”. Explica que se queda fóra da neveira “pode estropearse”. Tanto hostaleiros como clientes coinciden en que “aínda hai moito por aclarar e especificar” dentro desta nova normativa que entra en vigor a partir do primeiro trimestre do ano que vén. Unha norma que obriga aos restaurantes galegos a contar con recipientes reutilizables para poder entregar aos seus clientes a comida que pagasen, pero non se comeron, para que a leven para a casa. Dous son os obxectivos desta medida. Por unha banda, reducir os desperdicios de alimentos, pois estes negocios tiran ao lixo cada ano máis de 3.100 toneladas de comida en bo estado. Por outro, poñer límite á picaresca de “reutilizar” comida que os clientes deixan como petiscos ou parte dunha nova receita. A Xunta acaba de presentar o anteproxecto de lei e agora ábrese o proceso de alegacións.

Hostaleiros de Redondela
Hostaleiros de Redondela como Carlos de Casa Mucha advirten que deberán cobrar o táper.
Hostaleiros de Chapela
No Bar Nando entenden que deben repercutir os costes ou compartilos co cliente xa que a marxe de beneficio "é moi axustada".
Manolo Maribel e José.
Veciños de Redondela como José Maribel e Manolo afirman que "haberá que acostumarse como pasou coas bolsas no súper".
Pagar o táper ou levalo da casa
Ferreira e Tere sinalan que os clientes acabarán pagando o táper "ou levándoo da casa"
Salubridade dos alimentos
Regina cociñeira do Bar Nando explica que o hostaleiro garante as condicións óptimas da comida que sirve no local "pero non da que levan os clientes para a casa".

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará