Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oposición rexeita o convenio para a xestión das prazas residenciais no Centro de día de Cesantes

RR_Noticias

O goberno local non foi quen de convencer aos grupos da oposición para que apoiaran a súa proposta de convenio co Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, unha proposta que buscaba garantir que dez das 21 prazas residenciais existentes no centro foran empregadas por usuarios dos Servizos Sociais de Redondela. A oposición critica que en base a dito convenio o concello tería que pagar 180.000 euros “que deberían ser financiados pola Xunta que é quen ten competencia nesta materia” e que non exista unha ordenanza que regule nin o prezo nin o acceso dos usuarios a ditas prazas.

Os grupos da oposición votaron en contra do convenio presentado polo PP polas numerosas lagoas existentes en torno á xestión das dez prazas que estarían reservadas a usuarios dos Servizos Sociais de Redondela pero que, non necesariamente, terían que ser veciños do concello. Reclamaba o edil non adscrito Enrique Fojo que “dalgún xeito debería garantirse que esas prazas foran ocupadas por veciños do concello”.  Dende o BNG reclaman que previamente a asinar o convenio se coñezan os regulamentos que determinan como acceder a ditas prazas e cales son os prezos que terían que abonar os usuarios. Tamén insistía Xoán Carlos González no feito de que incluso cando as prazas non estiveran ocupadas o concello tería que abonar o 40% do seu custe. Dende AER votaron tamén en contra por entender que o concello non debería ter que asumir un custe que “é competencia da Xunta de Galicia” e dende o PSOE se reclama que “xa que serán os veciños de Redondela son os que cos seus impostos terán que pagar parte do servizo, deberían ter prioridade á hora de acceder ao mesmo”. Apuntaba Carmen Amoedo que “non se pode discriminar ás persoas por empadroamento porque iso non é legal”. Malia a petición da oposición para que o Convenio quedara sobre a mesa o goberno decidiu seguir adiante cunha votación que non logrou o apoio necesario para aprobar o documento.  

Enrique Fojo edil non adscrito
Reclama un convenio que garanta prazas para os veciños de Redondela
Xoán Carlos González BNG
reclama un regulamento previo ao convenio
Xosé Covelo AER
Critican que o concello asuma unha competencia que é exclusiva da Xunta
Digna Rivas PSOE
Que se priorice a atención aos veciños de Redondela
Carmen Amoedo PP
Unhas prazas destinadas a usuarios de servizos sociais de Redondela estean ou non empadroados no concello

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará