Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello pon en marcha un proxecto sociosanitario con drogodependentes

RR_Noticias

A iniciativa desenvolverase na parroquia de Chapela durante dous meses da man da Unidade de Servizos Sociais e da Asociación Cidadá de Loita contra a Droga, Alborada. Durante as oito semanas que durará o programa traballarase en sesión grupais e a través de visitas individuaisaos domicilios dos afectados.

Trátase dun proxecto comunitario co que se pretende desenvolver a autonomía persoal, mellorar as relación sociais e promover hábitos saudables nos participantes. 
As traballadoras sociais implicadas neste proxecto traballarán cos participantes desde unha óptima persoal e personalizada, posto que destacan a necesidade de individualizar cada caso ante unha problemática que adoita vir acompañada de recaídas. 
Con esta iniciativa, o Concello quere apoiar ás familias que sofren a causa da drogodependencia dalgún dos seus membros, e dotalas de ferramentas para que podan afrontar as situacións que se lle presenten.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará