Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A policía local incrementa o número de efectivos con seis novos auxiliares

RR_Noticias

Os novos axentes desenvolverán tarefas de control de tráfico, seguridade cidadá e seguridade viaria. En concreto, incorporáronse ao persoal 2 mulleres e 4 homes. Este incremento no servizo policial estará activo durante todo o 2019 posto que, finalizado este primeiro período de contratación, o Concello contratará a outros 6 novos auxiliares para cubrir a segunda metade do ano.

O concelleiro de tráfico e interior, Arturo González, destacou a importancia de contar con esta “axuda extra” especialmente nos meses de verán, onde maior número de visitantes rexistra a vila.
Pola súa banda, o alcalde, Javier Bas, quixo lembrar que a contratación deste seis traballadores será de gran axuda para incrementar a seguridade cidadá e benestar dos veciños en todo o municipio.
Este grupo de 6 traballadores tamén contará coas novas medidas implantadas en xaneiro de 2019 na Policía Local de Redondela logo de que dende inicios de ano se dotase aos axentes de chalecos de protección balística personalizados, feitos a medida para cada un deles.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará