Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG reclama ao Concello que apoie a participación do Mendiño no Club de debate

RR_Noticias

Os alumnos de bacharelato do instituto Mendiño fixéronse co primeiro premio da fase provincial do Club de debate que organizan os servizos de Normalización Lingüística de distintos municipios e no que participou por primeira vez este centro de Redondela. Un logro que foi posible grazas ao esforzo intelectual pero tamén económico dos participantes que tiveron que financiarse o desprazamento a Pontevedra, lugar no que se realizaron os debates. Dende o BNG critican que o concello rexeitase colaborar na actividade e reclaman “que o alcalde preste todo o apoio económico necesario para que o alumnado poida continuar participando na seguintes fases do Certame”.

O BNG ademais de trasladar os parabéns a alumnos e profesores por esta iniciativa critican o que cualifican de “actitude manifestamente hostil do alcalde, Javier Bas ante a negativa a colaborar con este grupo de alumnos e alumnas”.  Afirman que os gastos do traslado á capital da provincia para participar no encontro “asumírono en grande parte as familias, ademáis de achegas económicas do propio profesorado”. Consideran “vergoñento que o noso fose o único Concello que non colaborou neste certame”.
Para os nacionalistas trátase dun feito de enorme gravidade, centrando as súas críticas no alcalde, Javier Bas ” quen asumiu a área de normalización lingüística, e en ningún momento quixo saber do tema”. Acrecenta as súas críticas o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González, pois hai un mes Redondela adheriuse á Rede de Entidades Locais pola Lingua Galega, organizadora deste evento escolar. “Xa advertimos que a Javier Bas unicamente lle interesaba a publicidade. Agora demóstranse as nosas sospeitas, pois o Certame claramente entra dentro das finalidades da Rede”.
Esixen dende o BNG que o alcalde preste todo o apoio económico necesario para que o alumnado do IES Mendiño, poida continuar participando neste Certame.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará