Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ruta de Sendeirismo á senda do Río Lérez e a Illa das Esculturas coa Asociación Cultural de Chapela

RR_Noticias

A asociación de Chapela aposta polo deporte en grupo e convoca a súa cuarta ruta de sendeirismo para o vindeiro domingo 24 de marzo. Unha actividade que contará cun guía e que levará aos participantes a Pontevedra para percorrer a senda do río Lérez e a Illa das Esculturas. Os interesados deben inscribirse no teléfono 637931747. O prezo é de 5 euros os socios, seis euros os que non o sexan.

Os participantes poderán gozar dun agradable paseo á beira do río Lérez e achegarse ás doce escultural de artistas contemporáneos con obras que se mimetizan polo percorrido. Unha ruta circular de dificultade baixa e cun percorrido de 14,5 kilómetros.
O punto de encontro será o pavillón municipal de Pontevedra ás dez da maña ou os que op refiran poden quedar unha hora antes no Multiúsos do Piñeiral en Chapela para desprazarse en coches particulares ata Pontevedra.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará