Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior organiza un roteiro medioambiental polos canóns do Sil

RR_Noticias

Unha actividade enmarcada nun programa de roteiros que busca dar a coñecer aos veciños diferentes enclaves de interese medioambiental, paisaxístico e turístico e que propón tamén outras rutas máis próximas como un roteiro micolóxico de primavera e un percorrido pola zona de Aranza. A primeira propostas desenvolverase este domingo día 24 e levará aos participantes ata as pasarelas do Río Maio no corazón da Ribeira Sacra.

As pasarelas do río Maio inclúe unha ruta circular cunha lonxitude de 11 quilómetros cuxo tramo máis sorprendente discorre polo canóns deste río, moi próximo á desembocadura do río Sil. Un roteiro que se celebrará este domingo con saída dende o Concello de Soutomaior ás  8:30, hora na que un autobús desprazará aos participantes ata o punto de inicio do percorrido na Ribeira Sacra. As persoas interesadas deben inscribirse na OMIX de Arcade ou a través da páxina web do concello www.soutomaior.gal. O prezo inclúe tamén un percorrido en catamarán polos canóns do Sil e ascende a 6euros para os empadroados e 18 euros o resto.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará