Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O mercado de Chapela pecha unha semana para renovar o seu pavimento

RR_Noticias

A praza de abastos de Chapela permanecerá pechada durante a vindeira semana por obras no seu interior. O mercado, que está sendo reformado, vese obrigado a pechar as súas portas para repoñer o piso que será substituído por outro material antideslizante. Os traballos que se están levando a cabo contan cun presuposto inicial duns 80.000 € e unha vez rematadas, nun prazo aproximado de mes e medio, permitirán contar cun mercado moderno e máis cómodo para praceiros e clientes.

O Concello de Redondela vese na obriga de pechar o mercado de Chapela durante uns días polas obras que se están acometendo no seu interior. O peche temporal está previsto para a vindeira semana, data na que comezarán os traballos de reposición do piso do edificio.
Desde comezos de marzo a praza de abastos de Chapela está sendo remodelada para mellorar a imaxe, condicións e servizos no seu interior. As obras realízanse de tarde, noite, ou fin de semana, para así non entorpecer a vida diaria de venda. Non vai ser así coa instalación do novo piso, que obriga a cerrar uns días por mor do tipo de piso e secado do mesmo.
Os traballos que se están levando a cabo contan cun presuposto inicial duns 80.000 €. As actuacións consisten na construción dun aseo adaptado, cambio de teito e iluminación, piso novo e instalacións novas canalizacións, instalación de ventilación e adecentamento dos aseos xa existentes, entre outras.
Fai aproximadamente dous anos, xa se cambiou o tellado e se limpou toda a fachada e laterais do edificio. A imaxe da parte exterior mellorou considerablemente, algo que foi moi ben recibido, tanto polos praceiros como polos usuarios. Agora, con estas obras, o Concello da resposta a unha demanda de moitos anos dos praceiros para seguir avanzando cara un mercado máis moderno e accesible.
O alcalde de Redondela, Javier Bas, quixo destacar o compromiso do Concello por ter “unhas instalacións en perfecto estado para promover e apoiar o mercado local de todo o municipio”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará