Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Festival Internacional de Títeres quece motores coa convocatoria dun concurso de foto-selfie

RR_Noticias

A organización do festival, que este ano celebra a súa vixésimo edición, anima aos veciños a participar nun concurso de autorretratos que leva por nome “Este festival… cae de caixón”. Os participantes entrarán nun sorteo de deferente material como camisetas e entradas e o gañador farase con entradas de balde para todas as funcións desta edición. O prazo de participación arranca este mércores e remata o 18 de maio.

A Asociación Xente Titiriteira quere, dentro das actividades que veñen a festexar estes 20 anos do Festival Internacional de Títeres de Redondela. Memorial Juanjo Amoedo, pon en marcha un Concurso de Foto-Selfie logo de repartir entre todos os locais colaboradores uns “teatriños conmemorativos” que deben formar parte tamén dos autorretratos que se presenten a concurso.
Así, os participantes deben presentar un total de 4 fotos tiradas en catro dos locais que contan con estes teatriños. Unhas fotos que deberán compartir na páxina de facebook do festival escribindo como comentario “Concurso Foto-Selfie. XX Festival de Títeres”. Só por participar entrarase no sorteo de 5 camisetas, 2 teatriños conmemorativos e entradas para diferentes funcións. Aquela persoas que resulte gañadora levarase de premios 2 camisetas, 1 teatriño e 2 entradas para todos os espectáculos de sala da edición deste ano.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará