Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Entrega do título de Fillo Adoptivo á familia de Diego San José

RR_Noticias

Redondela entregará este venres o título de Fillo Adoptivo á familia de Diego San José (Madrid, 1884- Redondela 1962), un recoñecemento que fora aprobado en pleno en novembro do ano pasado e solicitado previamente por un total de 16 colectivos de Redondela. Un título que busca dar a coñecer a figura deste redondelán de adopción e honrar tamén, de xeito indirecto, a todas aquelas persoas que coma el mesmo, foron represaliadas polo réxime franquista pola súa defensa da legalidade republicana.

O acto celebrarse este venres no Multiúsos ás 19:00 horas e contará coa presenza de Manuel Puga, quen falará sobre a relación de Diego San José con Redondela e, a continuación, intervirá o escritor Juan Manuel de Prada quen abordará a faceta literaria de maneira máis xeral. Por outro lado, Alejo Amoedo interpretará no piano pezas de Soutullo e as corais Voces Graves e O Piñeiral de Chapela porán voz a un acto que se agarda emotivo.
San José foi unha de tantas vítimas do franquismo e máis concretamente do Xulgado Especial de Prensa (1939-1941). Condenado a morte por ter colaborado na prensa do Madrid sitiado polas tropas de Franco, a súa traxectoria de cárcere en cárcere durante a posguerra levouno tamén ao penal da illa de San Simón, onde permaneceu catro anos.
Condenado a morte inicialmente, esta sanción seríalle conmutada pola cadea perpetura e quedaría en liberdade condicional no ano 1944. Diego San José establecería a súa residencia definitiva en Redondela, acollido pola axuda de Ernestina otero e polo mecenado de José Regojo, integrándose na vida laboral, social e cultural da vila.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará