Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un convenio coa Xunta permite a humanización do núcleo da Pantalla, en Cesantes

RR_Noticias

O núcleo da Pantalla, en Cesantes, vaise transformar nos próximos meses grazas a un convenio de colaboración entre o Concello de Redondela e a consellería de Medio Ambiente. Os traballos consistirán na instalación de beirarrúas, zonas de aparcadoiro, novo asfaltado e canalizacións, e contan cun orzamento de 191.000 euros.

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, visitou esta mañá o Concello de Redondela para asinar o convenio de colaboración co alcalde, Javier Bas. O proxecto encádrase dentro do Plan Hurbe, unha inciativa que busca mellorar a calidade de vida dos veciños para facer vilas “máis accesibles e habitables”. Bas Corujeira lembrou que se trata dunha demanda dos veciños desde hai anos, e amosouse satisfeito de que agora poidan contar co orzamento para facelo realidade. Varios veciños do núcleo da Pantalla asistiron no salón de plenos do Concello á firma do convenio. Agardan que despois de anos de espera as obras se fagan “canto antes” e que queden “ben feitas”, como explica Teresa, a quen o que máis lle preocupa e a mala conservación do asfaltado. Emilio explica que ata o de agora as fochancas “remendábanse”, e confía en que agora a estrada quede “en boas condicións”. Os traballos serán financiados nun 70% pola Xunta de Galicia, e o 30% restante con fondo municipais. A previsión é que as obras comecen “en breve” en que estean rematadas ao final do verán.

Javier Bas alcalde
Un convenio financiado 70/30 entre concello e xunta
Ángeles Vázquez conselleira
A obras ascende a 191.000 euros
Teresa veciña
O asfaltado é o máis importante
Emilio veciño
Unha zona chea de fochancas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará