Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Propoñen converter a explanada de Rande nun espazo de lecer para frear o almacén de colectores

RR_Noticias

Os veciños de Rande avalan a creación deste espazo de ocio no que se construirían piscinas de auga salgada e que estaría completamente integrado neste espazo do litoral, no que se atopa o Meirande e o antigo cargadoiro de mineral. O anteproxecto elaborado por Carlos Fálagan, quen fora o arquitecto do Museo da Batalla, contempla a creación de espazos de lecer para uso dos veciños nesa explanada, un uso moi diferente ao previsto dende a Autoridade Portuaria que defende a instalación dun almacén de colectores.

O presidente da Plataforma en defensa da Enseada San Simón, Antonio Lores, explica que se trata dun anteproxecto “moi positivo” elaborado polo arquitecto Carlos Fálagan por encargo do Concello. A idea é dar un uso cidadá a ese espazo e consistiría en converter a explanada, de 40.000 metros cuadrados no litoral de Rande, nun espazo de lecer no que se poderían realizar concertos e outras actividades culturais e festivas. Contémplase ademais a construción de piscinas naturais de auga salgada así como conservar e recuperar a estrutura de ferro do antigo cargadeiro de mineral. “Un proxecto integral, compatible coa inclusión deste espazo do litoral na Rede natura2000 e que busca ser unha alternativa viable aos intereses da Autoridade portuaria”. Explica Antonio Lores que unha vez elaborado o anteproxecto o seguinte paso é negociar coa Autoridade Portuaria e, malia que o seu presidente, Enrique López Veiga,  “sempre se amosou contrario a calquera tipo de actuación que non pase por instalar nese espazo o almacén de contedores confiamos en que ao contar co apoio do goberno local e do alcalde, Javier Bas, si se aveña a aceptar esta proposta”. Un proxecto ambicioso que podería financiarse “cargo a Xunta pero, sobre todo, con fondos europeos que xa contempla subvencións a aquelas actuacións en espazos enmarcados en Rede Natura compatibles con esta denominación”.  

Antonio Lores Plataforma en defensa da Enseada
Un proxecto valorado moi positivamente polos veciños
Anteproxecto
obra do arquitecto Carlos Fálagan
Autoridade Portuaria
Ábrese agora un proceso de negociación
Financiamento
Xunta e Unión Europea poderían custear o proxecto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará