Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O fortín de Santa Mariña tamén pode co Compostela

RR_Noticias

O Choco gañou onte ao vixente campión de Terceira e mantense invicto na casa. O equipo redondelán está só a dous puntos da promoción de ascenso. Na Primeira Autonómica o Arcade gañoulle á Guía, e na Segundo perderon o Atl. Vilar e o Cesantes. No balonmán de Primeira Nacional o Rodosa Chapela impúxose ao Camariñas.

Terceira División
Choco 2-0 Compostela
Aínda ninguén foi quen de gañarlle ao Choco en Santa Mariña. Os homes de “Gonza” amósanse intratables na casa, e onte volveron demostralo ante un dos equipos máis fortes da categoría. Tras un primeiro aviso de Félix, que Sergio Pereira sacou baixo paus, Antón Vilas volveu exercer de goleador cun lanzamento cruzado. Xa na segunda metade sentenciou Félix logo dunha gran acción de Comis. O triunfo permite ao Choco seguir medrando, e xa están só a dous puntos do “play-off”. Na próxima xornada visitan o campo do Arousa, que está un posto por riba dos redondeláns cun punto máis.
Choco: Cortegoso; Yerai, Aitor Cañedo, Samu, Jacobo Lazcano; Caloi (Yago, min. 87), Nacho; Comis (Cora, min. 75), Félix, Vilas (Gabi Misa, min. 85); e Gabri.
Compostela: Lorenzo; Sergio Pereira, Piscu, David Uña, Álvaro Naveira; Mon, Marcos Remeseiro (Álex Ares, min. 63); Miki (Rubén, min. 78), Josiño, Abelenda (Santi, min. 63); e Aythami.
Goles: 1-0, min. 39: Vilas; 2-0, min. 49: Félix.
Primeira Autonómica

Arcade 2-0 A Guía
Partido con moito ritmo que logrou levar o Arcade, que busca o ascenso Adrián Buján adiantou aos seus e tivo o segundo cun tiro ao pau. Na segunda metade, foi Eloy o que sentenciou. Manteñen a 4ª praza, na próxima xornada visitan o campo do Mos, na parte baixa da táboa.
Segunda autonómica

Santa Mariña 9-0 Atlético Vilar
Os de Mon Sanromán baixan á 9ª posición logo da goleada sufrida no campo do Santa Mariña, un dos equipos máis fortes do grupo. Na próxima xornada reciben en San Martiño ao Gondomar, 7º na táboa.
Poio 3-1 Cesantes
O Cesantes baixa ao 14º posto logo da derrota en Poio ante un dos rivais directos pola permanencia. Na próxima xornada reciben ao pechacancelas, o Ponte Arnelas.
Terceira Autonómica

Chapela 0-2 Arenas Alcabre
Tanto Chapela como Alcabre queren o ascenso. Dous goles de Jorge, nos minutos finais, deron unha vitoria que deixa aos vigueses a unha vitoria de lograr o obxectivo de xogar o “play off” que xa ten garantizado o Chapela, que é 4º. Na próxima xornada visitan o campo do pechacancelas, o Oiense.
Nespereira 2-4 Balaídos
Partido igualado na primeira metade, que rompeu na segunda. O Balaídos cometeu erros atrás ao principio, pero corrixiunos e levou os tres puntos. O Nespereira, no pozo da táboa, xogará o próximo partido no campo do S.Roque Casablanca.
Balonmán Primeira Nacional Masculina

Chapela 36-28 Camariñas
Os de Fran Teixeira fixéronse co triunfo ante o seu público no que foi o último partido de Pablo Casal en Chapela. Despediuse dos seus afeccionados ao retirarse esta tempada (aínda que xogará o próximo partido na Cañiza).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará