Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

PSOE e AER critican a precariedade dos Servizos Sociais en Redondela

RR_Noticias

A situación do departamento de Servizos Sociais volve ser motivo de críticas por entender os grupos da oposición que o servizo non está nin no lugar axeitado, por careceren as oficinas actuais de entradas accesibles, nin conta co suficiente persoal para xestionar problemáticas que precisan, moitas veces, de atención urxente. Tamén denuncian que as traballadores estiveran catro meses sen seguridade “malia teren recibido ameazas”.

A socialista Digna Rivas insisten en que “o feito de que o Concello leve tres anos estudando o traslado do servizo a outras instalacións non desculpa ao Goberno que mentres non procure buscar solucións á situación de inaccesibilidade que teñen as actuais dependencias”.
Non deixa de ser paradóxico, asegura Rivas, que nos baixos do inmoble estea instalada a Oficina de Turismo “totalmente fora de lugar, afastada do camiño dos miles de peregrinos que pasan por Redondela e case que escondida para os turistas e visitantes que queren facer uso dela”, mentres que as persoas con mobilidade reducida, que teñen imposible o acceso á primeira planta “teñan que desprazarse ata casa do Concello para ser atendidas coa absoluta falta de privacidade que se esixe a un servizo de características tan sensibles coma este”.
Digna Rivas chama a atención tamén sobre estas últimas contratacións “que poderían terse feito hai meses, e non esperar a última hora cando o servizo ten a tramitación de expedientes con máis de catro meses de atraso”, un retardo que se é preocupante en calquera eido da administración local, “o é moito máis nun departamento que tramita, por exemplo, axudas de emerxencia social que son de primeira necesidade para as familias afectadas”.
Queixas semellantes as que proceden da Agrupación de Electores, quen amosan tamén a súa preocupación pola falta de seguridade neste departamento malia existir reico de acontecer “situacións tensas ou conflitivas por parte dalgúns usuarios, non sendo a primeira vez que as traballadoras teñen recibido ameazas e mesmo sendo intimidadas”, polo que é totalmente necesario contar con presenza de membros da policía ou persoal de seguridade.
Ata finais do ano 2018, tanto a oficina de Redondela como a de Chapela contaban con cadanseu policía local de xeito permanente pero ante a falta de persoal da policía dende xaneiro. O goberno local, aseguran dende AER, despreocupouse deste servizo ata que recentemente as funcionarias recibiron fortes ameazas e insultos dun usuario exaltado e a situación estoupou polo que se procedeu a contratar seguridade privada “con catro meses de retraso”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará