Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela contará con cinco embarcacións no Campionato Galego de Bateis en Meira

RR_Noticias

Na final do campionato Territorial Sur disputada onte clasificáronse catro bateis do C.R. Chapela e un do C.C.D Cesantes Remo. Foi nas categorías infantil e cadete masculina e cadete e xuvenil feminina no caso de Chapela, e na xuvenil masculina o de Cesantes.

Na proba provincial disputada a pasada fin de semana en Vilaxoán clasificábanse os catro primeiros de cada regata, o que deixaría fóra aos xuvenís de Cesantes, que foron quintos, pero a falta dun barco na liga norte permite incorporar un máis das Rías Baixas, e a repesca permite ao barco redondelán estar no Campionato Galego que se disputará os días 20 e 21 de abril en Meira, Moaña. Os clubes contan con facer un bo papel, desde o C.C.D. Cesantes, Jorge Rodríguez apunta que teñen “todas as opcións. Para os clubes de Redondela o campo de regatas de Meira é ademais, moi favorable, non só pola proximidade xeográfica, senón porque reúne “as mellores condicións” para garantir unha competición “en igualdade de condicións para todos os barcos”. Os barcos que se clasifiquen no campionato autonómico poderán participar unha semana máis tarde no Campionato de España, que se disputará en augas da ETEA, en Vigo. Será o punto final a temporada de bateis, e dará comezo a de traiñeiriñas, coa participación tamén dos dous clubes de Redondela. O de Cesantes prepara a súa regata para o domingo, 12 de maio. Tamén Cesantes acollerá unha regata de traiñeiras, será ademais a primeira da temporada este ano en Galicia, o 30 de xuño. Como cada verán, no club preparan tamén diferentes cursos nos meses de xullo e agosto para dar a coñecer o deporte do remo entre os máis novos e “facer canteira”.

Jorge Rodríguez C.C.D Cesantes
"Teñen todas as opocións"
Campionato Galego en Meira
Proba que se vai disputar en Meira que reúne "as mellores condicións" para garantir igualdade de condicións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará