A Biblioteca de Chapela recibirá o nome de Xela Arias este luns 22 de abril nunha cerimonia que terá lugar ás 17:00 horas e que contará con representantes do mundo da cultura así como do Instituto da parroquia, lugar no que Xela Arias levou a cabo labores docentes.
O Multiúsos do Piñeiral do Crego, lugar no que se atopa situada a biblioteca de Chapela, acolle esta tarde a partir das cinco un acto conmemorativo no que se descubrirá a placa conmemorativa que asignará o nome de “Biblioteca Pública Municipal Xela Arias” á biblioteca de Chapela.
Ao acto asistirán Fran Alonso, escritor, xornalista e actualmente director da editorial Xerais e o seu predecesor no cargo, o pedagogo, escritor e durante 24 anos director de Xerais, Manuel Bragado. Asistirá tamén unha representación do IES de Chapela onde Xela Arias levou a cabo labores docentes e familiares da autora.