Arrancou o Artelixo e fíxoo con anécdota incluída polo roubo dunha das obras presentadas. Foi a proposta presentada pola Agrupación de Electores baixo o título “haiche moito que limpar” a que desapareceu da rúa nada máis colocarse nos soportais do concello. Malia que a obra tiña un carácter reivindicativo, ao tratarse dun robot aspirador, máis coñecido como “roomba” que se instalou rodeado de imaxes que o artefacto debía “limpar”, parece que o roubo non tería motivos ideolóxicos.
Baixo o título “haiche moito que limpar” colocaban os membros de AER este robot aspirador non baixos do concello, e tan só unhas horas despois o aparato tiña desaparecido. Os organizadores pensan que o roubo debeuse ao alto prezo destas “roombas” no mercado. “Quen o levou debeu pensar que o aparello funcionaba e que levaba para casa un bo aspirador”. De seguro que o ladrón levou unha desagradable sorpresa ao descubrir que a aspiradora estaba estragada.