Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bas esixe unha Comisaría para Redondela ante o desmantelamento da oficina da Policía Nacional

RR_Noticias

O rexedor redondelán asegurou quen “non vai permitir que se poña en risco a seguridade dos cidadáns” ante o anuncio de que no vindeiro mes acometerán os cambios que suporán a perda do Grupo de Seguridade Cidadá de Redondela que pasará a integrarse en Vigo. Uns cambios que, segundo alertan os sindicatos policiais, suporá un empeoramento do servizo ao incrementarse o tempo de resposta ante calquera incidencia. Bas culpabiliza da situación á subdelegada do goberno, Maica Larriba.

Logo da polémica xurdida ante os cambios que a partir do vindeiro mes van afectar ao persoal que presta servizo en Redondela, o alcalde Javier Bas manifestou que “non vai permitir que  ningunha reorganización prexudique ou poña en cuestión a seguridade e o bo mantemento da tranquilidade dos cidadáns, os recortes de Madrid non poden afectar a un servizo tan prioritario”.
Sinala ademais que “non lle parece serio que os mandos policiais se neguen a entregar o informe solicitado a comezos de abril” e responsabiliza disto directamente á Subdelegada do Goberno, Maica Larriba, “polo seu desprezo permanente a Redondela e por non dar as ordes pertinentes para que se elabore dito informe e por amosar un desinterese total pola seguridade da veciñanza en Redondela”.
“Unha vez máis, cando en Madrid goberna o PSOE, Redondela sae prexudicada”, conclúe o alcalde.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará