Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous accidentes na N-555 con tres turismos e unha moto implicados

RR_Noticias

A policía local tivo que intervir onte en dous sinistros que se producían nunha estrada que presenta escasa seguridade vial ao que hai que engadir unha situación especilamente adversa no meteorolóxico como a vivida onte, que deixaba fortes precipitacións acompañada de sarabia. A xornada saldouse con dous accidentes, o primeiro á altura de Santo Estevo de Negros con dous turismos implicados pola mañá. O segundo tiiña lugar ao colidir unha moto e un turismo, resultando ferido leve o motorista.

O primeiro dos accidentes ocorría cando un dos vehículos pretendía facer un xiro no momento no que o outro vehículo estaba a realizar un adiantamento. Como consecuencia un dos turismo saíuse da vía golpeando un panel informativo, un espello e causando danos nunha farola do alumeado público. No lugar interviu a policía local ata a achegada da Garda Civil de Tráfico.
Tamén foi necesaria a intervención dos axentes da policía no sinistro que se producía ao redor das cinco das 16:30 horas no inicio desa estrada. Neste caso unha moto colidía contra un turismo, resultando ferido leve o motorista.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará