Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros, poesía e música de Odaiko no día grande do Artelixo

RR_Noticias

O Artelixo vive este sábado o seu día grande cunha programación que arranca ás 12:00 horas co Parnalixo, unha proposta que convida a escoitar e ler textos na praza do Concello a micro aberto e que contará coa intervención da poeta e xornalista Ana Romaní. Pola tarde ás 17:00h arrancará o tradicional Obralixo: un obradoiro de cabezudos gratuíto, na Alameda de Redondela, para os máis pequenos. Ao remate haberá un pasarrúas desde a Alameda até as antigas Casas dos Mestres, onde ás 18h o grupo de percusión Odaiko ofrecerá o espectáculo “Vaia circo!.

Máis dunha ducia de poetas, locais e comarcais, profesionais e amateurs, xuntaranse este sábado, de 12 a 14h, na praza do Concello, a micro aberto, onde tamén o público que así o desexe poderá partillar algún poema propio ou ler textos dos seus autores/as favoritos. Esta sesión vermú literaria estará coroada pola poeta e xornalista Ana Romaní, Premio Nacional de Xornalismo Cultural 2018 e recentemente nomeada membro da Real Academia Galega, que virá compartir os seus poemas co público asistente. Xa na tarde, a programación retomarase ás 17h co tradicional Obralixo: un obradoiro de cabezudos gratuíto, na Alameda de Redondela, para os máis pequenos. Ao remate do obradoiro haberá un pasarrúas desde a Alameda até as antigas Casas dos Mestres, na Mariña, onde ás 18h o grupo de percusión ODAIKO ofrecerá o espectáculo “Vaia circo!” Un espectáculo didáctico onde a banda crea un circo n o que os elementos percusivos van ser os materiais que usen para as súas acrobacias. Baquetas voando, tambores utilizados como artiluxios de circo, instrumentos manufacturados e música do máis virtuosa en directo, serán os elementos que farán deste «circo» un espectáculo para que o público se acerque ao mundo do espectáculo «cirpercutiense». Odaiko ofrece neste espectáculo didáctico os tres elementos que os caracterizan como banda: o virtuosismo, o humor e a posta en escena. Juan Collazo, Antonio Ocampo, Félix Rodríguez e Fran Troncoso forman Odaiko Percussion Group. Odaiko es un grupo de percusión contemporánea que fusiona sonidos del jazz, el flamenco, o folk e sons traídos da música tradicional hindú e senegalesa. A partir das 19h, o Sonalixo ofrecerá palco e micro a grupos locais que se sumen á festa.  

Olga Nogueira Artelixo
Unha mañá de poesía
Fon Conde Artelixo
obradoiros e música pola tarde

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará