As 11:00 hora da mañá de hoxe visitaba Redondela o secretario xeral do PSOE, Gonzalo Caballero quen participou no reparto de publicidade electoral na rúa Casto Sampedro e percorreu o centro da vila. Pola tarde o BNG celebrará un acto de peche de campaña ás 18:00h na Alameda de Redondela coas intervencións do candidato a alcaldía de Redondela, Xoán Carlos González, a candidata ao senado Cecília Pérez e a candidata ao congreso Olalla Obelleiro.
Durante toda a mañá os socialistas de Redondela instalaron un posto de reparto de publicidade na rúa Casto Sampedro que contou coa participación das candidatas e candidatos ás Cortes Xerais Olga Puga, Olga Alonso e Guillermo Meijón, a candidata á alcaldía Digna Rivas e o secretario xeral nacional, Gonzalo Caballero, quen aproveitou para facer un chamamento á cidadanía para que acuda este domingo a votar e que o faga polo partido de Pedro Sánchez “para frear esta dereita que virou á ultradereita”.