O PP queda relegado a terceira forza nas parroquias de Cabeiro, Cedeira, Saxamonde e Vilar así como nos núcleos urbanos de Chapela e Redondela, onde Podemos logra obter máis apoios que os populares. No resto de parroquias mantense como a segunda opción máis votada polos veciños. Irrompe con forza Ciudadanos que se sitúa como o cuarto partido máis votada polos redondeláns, agás en negros e Ventosela, onde o partido laranxa non logrou superar en apoios aos nacionalistas. Os votos para a ultradereitas de Vox proceden das mesas de Redondela, Chapela e Cesantes, mentres que En Marea sitúase practicamente na marxinalidade no noso concello, con escasos apoios.
Malia que dificilmente poidamos facer unha extrapolación dos resultados que nos deixan unha eleccións xerais para coñecer o que poida acontecer o vindeiro 26 de maio, cando os veciños están chamados a elixir o que será o próximo equipo de goberno, o certo é que se observa un cambio de tendencia. En todas as parroquias de Redondela o PSOE logrou facerse coa vitoria, mentres que o PP experimentou un notable retroceso en canto ao número de apoios en urna, superado ata en seis parroquias pola formación laranxa. Especialmente importante é esa vantaxe na parroquia de Vilar, lugar no que o PSOE triplica os apoios do PP (301/106). Tamén se afianza como bastión socialista a parroquia de Chapela lugar no que o PSOE logra 1722 votos, fronte aos 849 de PP e os 1001de Podemos. Menor é a vantaxe dos socialistas nas mesas do centro da vila, malia que tamén aquí logran unha vitoria indiscutible con 1.555 votos fronte aos 1125 de Podemos e os 937 de PP.
Moito máis axustada a diferenza entre PSOE e Pp en parroquias como Quintela ou Saxamonde, onde os votos que separan as dúas formacións son 13 e 31 votos respectivamente.