Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha escultura de Xan Carallás na Alameda rememora ao que fora “fundador de Redondela”

RR_Noticias

Protagonista da copla popular  “Aquí fas quen sempre fas/ Aquí fas quen sempre vela/ Aquí fas Xan Carallás/ Fundador de Redondela”, este personaxe de orixe incerta conta xa cunha escultura propia na céntrica Alameda Castealo. A figura foi obra do escultor Juan Vázquez Pérez e foi iniciativa da peña redondelá Xán Carallás. Contou co apoio do Concello.

Unha figura que foi inmortalizada en papel polo gran Daniel Rodríguez Castelao que tería feito a caricatura logo de que así llo pediran un grupo de amigos nunha das visitas que o escritor, político e debuxante fixo a Redondela. Agora esa popular imaxe foi recreada nesta escultura que loce dende esta semana na Alameda.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará