Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O tirón da Semana Santa permite a máis dun cento de veciños abandonar as listas do paro

RR_Noticias

Redondela, Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes amosan a mesma tendencia na evolución do paro que a detectada no resto de Galicia grazas a unha Semana santa que permite crear empregos. A maior suba en termos xerais atopámola en Redondela con 52 desempregados menos. En termo porcentuais o mellor comportamento do emprego habería que situalo en Pazos de Borbén, xa que a lista de parados diminuíu en 32 persoas, sendo agora 248 ás que están á espera dun contrato de traballo.

Na nosa bisbarra creáronse en concreto113 empregos, dos cales 52 foron de veciños de Redondela, concello que contabiliza aínda unha longa lista do paro con 1738 persoas inscritas. En Soutomaior son 580 as persoas en paro, 21 menos que no mes anteriores, mentres que en Pazos de Borbén foron 32 as que atoparon un emprego. Por últimos, no concello de Fornelos de Montes o número de desempregados pasou de 142 persoas a 134 (-8).
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará