O colectivo veciñal convida aos veciños a participar desta acción que se vai desenvolver o vindeiro sábado 11 de maio en horario de mañá. O punto de encontro será ás dez da mañá na curva da senda da auga, ao carón dunha fervenza, dende onde se partirá para ir recollendo o lixo que se vaia atopando tanto nas beiras como na propio canle do río. Os interesados poden inscribirse no 680 71 89 52 ou no correo: avvchapela@gmail.com
O río que cruza a parroquia de Chapela de norte a sur xa ten sido obxecto de diferentes iniciativas que buscan a súa posta en valor así como garantir a súa limpeza, retirando o lixo que se atopa no lugar. Unha iniciativa da asociación de veciños da parroquia que conta co apoio e colaboración do concello.
O colectivo organiza para o vindeiro domingo día 12 unha excursión a Fisterra, Cascada de Ézaro e Muro. A actividade ten un custe de 35 euros todo incluído (autobús, seguro e comida).