As elevadas temperaturas non desanimaron aos amantes das festas gastronómicas que ateigaron nesta fin de semana a carpa instalada no campo da feiras para gozar do choco preparados nas súas diferentes especialidades, dende as máis tradicionais, como chocos con arroz ou chos na súa tinta, ata os pratos máis innovadores como as fabas ou a fideua con choco.
Dende o concello, organizadores do evento, estiman que foron máis de 30.000 as persoas que pasaron polo recinto da festa durante a fin de semana, na que houbo actividades complementaria como a clase a cargo dunha das concursantes de master chef, a música ou o pregón a cargo do humorista coruñés David Perdomo. Éxito tamén das visitas guiadas pola Enseada con parada na Illa de San Simón, que obrigou incluso a incrementar o número de saídas para dar cabida a todos os interesados en coñecer estes espazos emblemáticos da nosa vila nunha xornadas na que o tempo animaba a achegarse ao mar.