Intensa fin de semana a que temos por diante con ducias de actividades programadas dentro do Festival Internacional de Títeres. Ademais da importancia que esta vixésima edición lle quere dar aos espectáculos itinerantes, haberá concertos con A Gramola Gominola, Paco Nogueiras e o grupo redondelán Relámpago. Recupéranse as actuacións nocturnas co teatro portátil de Teathre Jaleo instalado no antigo mercado do gando na Marisma e convídase a grandes e cativos a participar na ruada “Redondela é un conto”.
A festa non para e para hoxe hai preparadas varias proposta dentro do “especial vésperas”. Actuación ás 19:00 horas de Ocelot teatro cona súa función Dondehs y Pitón na praza do Concello e as 23:00 horas primeira das seis funcións que ofrecerá Treatre Jaleo do seu espectáculo Eden, un cabaret para unha bailadora, 9 títeres e sete pecados capitais para unha función que se poderá ver todos os días ás 23:00 horas con función extra as 20:00 o venres e sábado a un prezo de cinco euros. Na programación de sala hoxe Valeria Guglietti dende Arxentina achéganos oa seu “10 anos de sombras” cunha obra de sombras chinesas onde o movemento das mans é a ferramenta imprescindible. Cinema Sticato con Fin de tempada, O lazarillo de Tormes de La Chana ou a Antoloxía de Jordi Beltráns son algunhas das propostas que se poderán ver no Multiúsos da Xunqueira, ás que hai que engadir moitas outras que se espallarán pola Alameda e prazas da vila. Chamamento especial dende a organización a gozar dos espectáculos itinerantes, gran aposta desta vixésimo edición así como a participar da Ruada que este ano volverá a Portela na mañá do domingo. Convidan a grandes e cativos a se disfrazar para que Redondela sexa realmente “unha vila de conto”. Seis carpas e dúas salas alternativas ante a ameaza de chuvia Aínda que as previsións metereolóxicas de cara á fin de semana dean algunha posibilidade de chuvia, a programación de rúa e os espectáculos itinerantes permanecerán intactos, e non se suspenderá ningunha actividade. Un total de seis carpas protexerán os escenarios da Praza do Concello, dos Xardíns da Alameda, da Pista da Xunqueira e da Casa da Torre. Ademais, se o tempo non acompañase, as funcións do Campo da Petanca trasladaranse ao Centro Recreativo Cultural, e as do Salgueiral, ao Auditorio Xosé Figueroa.