Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco despídese con derrota en Santa Mariña

RR_Noticias

Os de “Gonza” non puideron despedir cun triunfo a súa gran temporada, e perderon por 1-2 ante o Boiro. Si pechou cun triunfo o Arcade, que xogará a fase de ascenso a Preferente ante o Castrelos. En remo, o Cesantes fíxose no bronce no Campionato Territorial na categoría xuvenil masculina.

Terceira División
Choco 1-2 Boiro
Os dous goles do Boiro chegaron antes da media hora, e fixeron moi difícil a remotnada do Choco, que buscaba pechar cun triunfo a súa gran tempada en Santa Mariña. O tanto de Félix antes do descanso abriu a porta ao remontada pero os redondeláns non foron capaces de materializar as múltiples ocasións que tiveron na segunda metade, malia que o Boiro tivo tamén varias oportunidades para sentenciar ao contragolpe.
Fase ascenso a Preferente

Arcade 5-1 Salvaterra
Antolín, Juanín, Campos, de penalti, Bouzón e Buján deron a vitoria ao Arcade para despedir a gran tempada dos de Juan Amoedo. Samuel fixo o gol do Salvaterra. O equipo arcadiense irá a por o ascenso na promoción, ante o Castrelos.
Fútbol Sala Terceira División

Gonnaba Parrulo B 8-1 Campito
Na próxima xornada o Campito, xa descendido, recibirá en Chapela ao Santa Isabel
Pazos de Borbén 6-1 Academia Red Blue 5 Coruña
A próxima xornada os de Amoedo, que están a 1 punto do líder, xogan na pista do Sport Sala Culleredo.
Traiñeiriñas Territorial Sur
Samertolameu, con dúas vitorias, e Tirán repartíronse os títulos no Campionato Territorial Sur de traiñeiriñas. O remo redondelán fíxose cunha medalla. Na categoría xuvenil masculina Cesantes foi 3º, por detrás de Samertolameu e Mecos. O barco de Chapela foi 4º na mesma categoría.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará