Hoxe é Domingo 8 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Localizan máis de 4000 doses de cocaína nunha nave abandonada do Viso

RR_Noticias

A droga intervida nunha operación da Policía Nacional tería acadado un valor no mercado de máis de 77.000 euros. Os axentes observaron unha chapa de gran tamaño que tapaba uns bloques de cemento apilados sobre uns pallets, e ao levantala descubriron unha báscula de precisión e un bote con cocaína no que había oculto 4.119 doses de cocaína.

A investigación iniciouse a inicios de maio dentro do Plan Especial de Loita Contra o Tráfico Medio de Drogas que esta Comisaría está a levar a cabo, tras ter coñecemento da posible actividade de venda de sustancias estupefacientes no Concello de Redondela.
Como resultado das investigacións realizadas comprobouse que na zona do Viso había unha nave abandonada na cal podían estar a ter lugar algún tipo de actividade ilícita, polo que comezaron a realizarse  controis discretos a diferentes horas do día e da noite.
Sería na madrugada de onte cando unha patrulla decatouse da existencia dunha gran chapa metálica que tapaba uns bloques de cemento apilados sobre uns pallets. Ao achegarse e retirala descubriron un bote de gran tamaño, co que parecía ser cocaína no seu interior, así como unha báscula de precisión e outros aveños e efectos.
Xa en dependencias policiais comprobouse que o material incautado era cocaína, e que este superaba amplamente as 4000 doses, cun valor final no mercado de máis de 77000 euros.
Esta intervención foi levada a cabo por axentes do Grupo de Atención ao Cidadán, pertencente á Brigada de Seguridade Cidadá, da Comisaría de Policía Nacional en Vigo-Redondela, pasando todo o actuado a disposición do Xulgado de Instrución de Redondela en funcións de garda.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará