Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O novo rexistro horario: control ou descontrol?

RR_Noticias

Hai dez días que entrou en vigor o rexistro obrigatorio da xornada laboral, pero aínda hai moitas dúbidas. As empresas deben levar un rexistro no que conste a que hora entran e saen todos os seus empregados. En Redondela moitas xa o tiñan ou puxérono agora en marcha, pero outras aínda non o implantaron. Entre os empregados, as opinións son diversas: hainos que consideran que é unha boa maneira de controlar as horas extras, outros pensan que “non vai servir de nada” porque o rexistro “pode trucarse”.

O pasado 12 de maio entrou en vigor o decreto que fixa a normativa sobre o control horario dos traballadores, e que supón unha proba das estruturas empresariais e administrativas. O procedemento debe puírse aínda para mellorar. En Redondela hai empresas que tiveron que empezar un inventario completamente novo, a outras chegoulles con adaptar os sistemas que tiñan á nova normativa. Pero outras, en especial as máis pequenas, nin sequera saben que deben facer. Entre os empregados, as opinións son diversas. Existen persoas que consideran que é unha boa maneira de controlar o horario e que desta forma poderase pagar ao traballador o que corresponde. Cristian explica que deste xeito poderá controlarse que as horas que se traballan “non só se cobran, senón que tamén cotizan”. E polo outro, existen os máis escépticos que consideran que esta nova medida “non vai servir de nada”, como explica Sandra, sobre todo en sectores como a hostalaría. Está convencida de que os traballadores seguirán facendo horas extra sen cobrar, porque “feita a lei, feita a trampa”. Entre as empresas, as principais queixas chegan desde as pequenas e medianas empresas, para as que este rexistro horario obrigatorio supón “máis carga de traballo e máis custo económico”, como explica Rodrigo. No caso de sectores como as empresas de servizos a aplicación do contro horario “é máis complexo”, xa que os empregados deben desprazarse constantemente. En todo caso, hai quen se sorprende de que este novo rexistro cause incerteza entre traballadores e emprearios, xa que é unha práctica establecida en moitas empresas “desde hai décadas”, como explica José. Entenden que é “normal” que os traballadores teñan que “fichar”, e se controle o seu horario de traballo “como se fixo sempre”, afirma este xubilado do metal. A Inspección de Traballo valora a posta en marcha da norma e dará unha marxe “razoable” duns 2 ou 3 meses para comezar a sancionar ás empresas que non conten co rexistro, sempre que a empresa “estea a negociar cos traballadores o novo sistema”.

Bo para o traballador
Cristian explica que deste xeito poderá controlarse que as horas que se traballan "non só se cobran senón que tamén cotizan".
Rexistro con trampa
Sandra está convencida de que os traballadores seguirán facendo horas extra sen cobrar porque o rexistro pode trucarse.
Pequenos empresarios
Segundo Rodrigo este novo rexistro horario supón "máis carga de traballo e máis custo económico" para as empresas.
Ningunha novidade
Para xubilados como Jose o rexistro horario non é ningunha novidade. Faise nas empresas desde hai décadas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará