Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PXOM centra o debate urbanístico

RR_Noticias

Mentres o candidato do PP, Javier Bas, aproveitaba a súa intervención no debate electoral organizado pola radio Municipal para falar dos proxectos estrela do seu programa que pasan pola construción dun Barrio das artes na Marisma ou un paseo polo litoral entre Redondela e Rande, o resto dos grupos fuxían das grandes infraestruturas e defendían “rehabilitar e aproveitar os recursos existentes” (AER) o saneamento e eliminación de barreiras arquitectónicas (Unidas Podemos) pero, sobre todo, e niso insistían dende PSOE, BNG e Ciudadanos por dotar a Redondela dun Plan Xeral que, en palabras da candidata socialista, Digan Rivas “oito anos despois da chegada do PP a alcaldía nin está nin se lle espera”.

O candidato popular era o encargado de abrir o debate centrado en infraestruturas e urbanismo. Javier Bas aproveitaba a súa intervención para anunciar os seus proxectos estrela “a Cidade das Artes na zona da marisma cun gran auditorio, unha zona verde no lugar que está instalada a deputadora, un paseo polo litoral dende Redondela a Rande ou a peatonalización do viaduto antigo”. Unhas propostas que a candidata de AER cualificou como “vender fume” aproveitando a súa intervención para explicar que o seu grupo sabe que “o cemento e o piche non é o futuro” apostando por obras que melloren o que xa temos para favorecer o seu uso. Apuntaba tamén Susana Couñago as súas críticas porque meses despois de rematadas as obras de ampliación da AP-9 os servizos en Chapela sigan sen repoñerse e acusando ao PP de manterse en silencio mentres os seus gobernaban en Madrid. Con todo, a aprobación do Plan Xeral volveu ser un asunto relevante que en palabras da socialista Digna Rivas “malia ser a proposta estrela do PP hai 8 anos, a día de hoxe nin está nin se lle espera”. Insistía tamén na súa aposta pola gratuidade de Rande “nós defendemos esta postura e estamos ao carón dos veciños de Redondela goberne en Madrid quen goberne”. Na súa quenda o candidato de Unidas Podemos, Enrique Fojo defendía “menos grandes obras e máis actuacións imprescindibles como facer que o saneamento chegue a todas as parroquias, a eliminación de barreiras arquitectónicas e a melloras dos centros educativos Paqui Canal, candidata de Ciudadanos, comprometíase a “concluir o PXOM dunha vez por todas en canto gobernemos”. Pechaba este bloque o candidato nacionalista Xoán Carlos González insistindo na necesidade de dar un empurre definitivo do PXOM “contando sempre coa participación dos veciños”.  

Javier Bas PP
Anuncia grandes proxectos para Redondela
Susana Couñago AER
O cemento e o piche non é o futuro
Digna Rivas PSOE
Reclama o PXOM promesa estrela do PP nos últimos 8 anos
Enrique Fojo Unidas Podemos
Saneamento e melloras en colexios como eixo central das súas propostas
Paqui Canal Ciudadanos
Prometía concluir o PXOM
Xoán Carlos González BNG
Un Plan Xeral que debe contar coa participación dos veciños

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará