O IES San Simón de Redondela acolle dende o pasado mes de marzo un innovador programa que busca combater o bulliyng a través do contacto do alumnado con animais, e máis concretamente con cans que se achegan as aulas. Unha proposta iniciativa da Fundación Filomena Rivero Alonso e que forma parte dun programa máis completo que xa se está desenvolvendo dende o 2017 neste centro educativo.
Dende o pasado mes de marzo os rapaces e rapazas do instituto San Simón contan cun “colaborador” de excepción na súa loita contra o acoso escolar, coñecido como bulliyng, e que se ten detectado como un problema importantes en moitas aulas do país. Co obxecto de detectar e erradicar estas prácticas dos centros educativos hai en marcha diferentes iniciativas que, neste Instituto, chegan da man da Fundación Filomnena Rivero.
A última das propostas consiste nun programa específico con animais. Realízanse sesións teórico prácticas nas que o eixo fundamental é a comunicación e o traballo colaborativo. Búscase así o respecto mutuo e mellorar o clima de convivencia escolar, así como dotar ao alumnado de ferramentas para mediar e identificar situacións de conflito a través do traballo con cans afeitos a este tipo de terapias.
O obxectivo principal é potenciar a través da aprendizaxe cooperativa valores de respecto mutuo e empatía así como favorecer a autoconciencia emocional e a expresión de desexos e necesidades dentro do grupo.