Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sinha Paca denuncia que o PP incumpre a normativa en seguridade coa súa pantalla xigante

RR_Noticias

A Plataforma de Activistas Culturais e artistas de Redondela, Sinha PACA, entende que o PP está a incumprir as normas que o propio goberno de Javier Bas esixe aos colectivos culturais para conceder permiso aos eventos que organizan. Concretamente denuncian a precaria instalacións eléctrica da pantalla xigante con publicidade do Partido Popular que estes días ocupou a Praza de Figueroa e a Praza Alejandro Otero.

Explican dende Sinha paca que existen unha normas  que en moitos casos son imposibles de cumprir e levaron á desaparición de distintos eventos culturais de Redondela ao non seren quen os seus organizadores de adaptarse á normativa en seguridade. Neste sentido engaden “parece que para a colocación da publicidade electoral do Partido Popular non hai normas”. Fan referencia concretamente á instalación eléctrica da pantalla xigante do PP na praza de Alejandro Otero cunha precaria instalación con cableado polo chan e enchufes ao aire que conectaban dita pantalla á praza de Reveriano Soutullo.
Explican finalmente dende Sinha PACA que non é o seu cometido valorar se é correcto que un partido político utilice un enganche ao alumeado público para se publicitar, tampouco se é correcto a ocupación do espazo público durante varios días, “son cuestións que pensamos que son cuestións que deberán denunciar os partidos políticos” pero si critican a falta de seguridade nesas instalacións.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará