Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xoán Carlos González (BNG): “Non hai maioría do PP e iso débese expresar nun goberno alternativo”

RR_Noticias

Os nacionalistas logran unha maior representación na corporación de Redondela ao conseguir dous concelleiros, logo de catro anos nos que o BNG contou tan só cun edil no Concello. Con todo, o incremento en número de votos foi mínimo e así o recoñece Xoán Carlos González quen lamenta que, malia que as dinámicas amosaran ventos favorables para o seu partido, isto non se traducira nun maior número de papeletas.

“Estamos satisfeitos porque hai unha suba do BNG que permite que teñamos dous concelleiros nacionalistas na corporación e iso sempre é unha satisfacción, malia que lamentamos que o incremento en número de votos fora mínimo (149 votos máis respecto dos comicios municipais de 2015) porque confiabamos en que ese incremento fora moito maior, e máis cando as dinámicas eran favorables a que se dera esa situación. Sobre o futuro goberno local o BNG teno claro “estamos dispostos a estudar pactos e acordos de diferente índole co compromiso de cristalizar o que representa a vontade popular. En Redondela non hai maioría do PP e nós queremos que iso se traduza nun goberno alternativo”. Entenden que “a permanencia do PP en Redondela é negativa para a veciñanza, e agardamos que o resto dos grupos asuman a súa responsabilidade que permita un goberno alternativo” aínda que sexa cedo aventurar baixo que fórmulas.  

Xoán Carlos González BNG
Un incremento en representantes pero que sabe a pouco en número de votos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará