O Centro Cultural de Cedeira organiza este domingo ás 10:30 horas a XXIX edición da marcha ciclista á parroquia cun percorrido de 12 quilómetros. Unha actividade deportiva aberta a todo os que queiran participar e na que se agasallará aos ciclistas con diferentes premios. A saída será ás 10:30 horas da mañá cun percorrido dende o centro cultural ata o peirao de Cesantes e casco urbano de Redondela.
Os participantes terán que anotarse media hora antes da saída no propio centro cultural onde recibirá unha camiseta e un dorsal. O único requisito é levar o obrigatorio casco de protección. O remate da marcha haberá un sorteo de bicicletas.
Colaboran na organización a Deputación de Pontevedra, o concello, a comunidade de montes de Cedeira así como varias firmas comerciais.