Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP faise forte na vila e o PSOE recupera Chapela

RR_Noticias

Chapela aposta por un goberno socialista a quen concede 1.648 votos, o que lle permite ao PSOE manter afín unha parroquia que tradicionalmente sempre se decantara por esta formación, pero que nos últimos comicios municipais lle dera as costas. O centro da vila pola contra mantense fiel aos populares que recollen nas mesas do Multiúsos e o Conservatorio 1.711 votos, superando con moito o logrado polo PSOE que recolle nestas mesas 978 votos, seguidos moi de preto por AER con 801 papeletas. O BNG é a terceira forza en Chapela, Trasmañó e Negros, mentres que no resto das parroquias son adiantados pola Agrupación de Electores.

Empate técnico de PP e PSOE nas parroquias de Cedeira e O Viso, mentres que os populares logran un apoio maioritarío en Reboreda con 635 votos fronte aos 318 acadados polo PSOE, en Quintela (188 fronte a 80), en Negros, parroquia na que o partido de Javier Bas logra 117 votos mentres que o PSOE queda con 72 ou en Ventosela, con 160 papeletas para o PP e 103 para os socialistas. A parroquia de Cesantes tínguese tamén de azul con 749 votos a favor do PP e 562 para a formación de Digna Rivas, do mesmo xeito que Saxamonde (160 PP/107 PSOE).
Con todo, é nas mesas do centro da vila onde o PP saca a maior vantaxe á formación socialista, logrando 1.711 votos (733 máis que o PSOE).
O PSOE pola contra logra aguantar o tirón en parroquias como Cabeiro ou Vilar, con 159 e 268 votos respectivamente fronte aos 106 e 209 do PP. En Trasmañó os veciños votaron maioritariamente polo PSOE que con 290 votos avantaxa en 125 votos ao PP (165). Pero é en Chapela onde o partido socialista ten o seu feudo tradicional, logrando nesa parroquia 1.648 votos fronte aos 1.140 do PP.
Pola súa banda, AER malia perder apoios en todas as parroquias respecto dos resultados de 2015, mantense como terceira forza en practicamente todas elas agás en Chapela, Negros e Tramañó lugares nos que os nacionalistas lograr poñerse por diante. Especialmente salientable é a caída da Agrupación de Electores en Chapela, onde sería quinta forza, xa que Unidas Podemos, malia que finalmente non acadan concelleiro, si logrou máis apoios que AER relegándoa á quinta posición en canto a preferencia dos electores.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará