A Concellería de Medio Ambiente organiza este sábado ás 10:30 horas unha recollida de cabichas na praia de Chapela que busca eliminar este material altamente contaminante da area así como concienciar a cidadanía da necesidade de manter limpas as nosas praias. A actividade, á que foron convidades oo alumnado dos centros educativos da parroquia, está aberta a todo o que queira achegarse e prolongarse ata ás 13:00 horas.
As cabichas son un material especialmente tóxico e que tarda entre dous e dez anos en degradarse. Ademais po acción do vento e a chuvia este material chega aos nosos ríos e mares, contaminando a auga e os animais acuáticos. Unha única cabicha pode chegar a contaminar 50 litros de auga doce e dez de auga salgada. Entenden dende a Concellería de Medio Ambiente que accións como a declaración das praias libres de fume, tanto en Redondela como na propia de Arealonga en Chapela, favorece que cada vez sexan menos os que tiren este residuo nas praias. “A xente está cada vez máis concienciada sobre o respecto ao medio ambiente, cando lles explicas que non é unha prohibición pero si un recomendación que non se fume nos areais, os bañistas súmanse a iniciativa”. Tamén os fumadores están cambiando de mentalidade e son máis respectuosos á hora de tirar as cabichas. Con todo, aínda hai moitas que acaban na area, motivo polo que organizan este actividade na mañá deste sábado á que están chamados a participar todos os que o desexen.