Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Olga García: “Temos que traballar moi duro para levantar de novo o Balonmán Chapela”

RR_Noticias

Esta que remata foi unha temporada moi difícil para o club de Chapela, tanto no plano deportivo como no persoal. Os equipos de máxima categoría non acadaron os obxectivos marcados, e ademais despediron ao que fora o seu presidente nos últimos anos, Manuel González Soto.

Ábrese unha nova etapa para o club de Chapela, coa incorporación de nova xente á directiva que vén a sumar o seu traballo e ilusión ao de aqueles que, como Olga García, continúan no equipo. A filla de Soto, María González, é a nova presidenta do club. Agora confían en deixar atrás esta mala temporada, malia que recoñecen que será difícil, e levantar de novo o gran proxecto que é o Balonmán Chapela. No plano deportivo remataron as competicións oficiais sen acadar os obxectivos marcados. O equipo feminino da División de Honra Prata non foi quen de manter a categoría. Con todo, o club negocia coa Federación a posibilidade de manterse no caso de que quede algunha praza dispoñible. Olga García recoñece que é “un gran esforzo a nivel deportivo e económico” xa que se trata dunha categoría moi esixente e con longos desprazamentos. Pero no club non van renunciar mentres exista algunha posibilidade. Para o equipo feminino deberán tamén contar cun novo adestrador, xa que José Luis Martínez “Lupo” vén de renunciar ao posto por motivos laborais. O que continúa a próxima temporada é o técnico do equipo masculino da Primeira Nacional. Fran Teixeira seguirá aos mandos do combinado, que tampouco acadou o obxectivo de participar na fase de ascenso. O adestrador xa está a traballar na configuración do persoal para a próxima temporada, e no club tamén buscan a un director técnico que se faga cargo dos equipos da canteira. XXI Campus de Verán Consolidar os equipos da base é un dos obxectivos da directiva, e de cara ao verán preparan actividades para animar aos rapaces e rapazas a practicar balonmán dun xeito máis lúdico. Preparan o XXI Campus de Verán Balonmmán Chapela. Será do 1 ao 6 de xullo e está dirixido a menores de entre 5 e 15 anos de idade. Os participantes podrán practicar deporte, e tamén farán excursións á illa de Arousa e a Brilat en Pontevedra. Pasarán catro noites no pavillón “González Soto” de Chapela e tamén haberá actividades na praia de Arealonga. O prazo de inscrición xa está aberto, e o prezo é de 90 euros. Poden informarse nas oficinas do club e tamén nos teléfonos 630 850 698 ou 661 493 235.

Olga García da directiva do BM Chapela
No club confían en deixar atrás esta mala temporada e advirten que traballarán duro para levantar de novo o Balonmán Chapela.
División Honra Prata Feminina
O equipo non foi quen de manter a categoría pero o club negocia coa Federación a posibilidade de manterse no caso de que quede algunha praza dispoñible.
Primeira Nacional Masculina
Fran Teixeira seguirá aos mandos do combinado que tampouco acadou o obxectivo de participar na fase de ascenso.
XXI Campus de Verán
Será do 1 ao 6 de xullo e está dirixido a menores de entre 5 e 15 anos de idade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará