Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bicis e patinetes volverán protagonizar o evento solidario Mañá sobre rodas

RR_Noticias

O paseo de Cardona e a praia de Arealonga será o escenario no que se desenvolverá unha intensa mañá de domingo con participación de grandes e cativos. Unha proposta deportiva que conta con reunir a 400 rapaces de entre 2 e 12 anos de idade. Unha iniciativa que partiu dun grupo de nais vinculadas aos centros educativos da parroquia de Chapela e que conta co apoio da Concellería de deportes. Unha segunda edición que se celebrará o domingo 23 pero cuxo prazo de inscrición remata este venres día 14.

Un evento de características particulares, principalmente porque se trata dunha iniciativa cidadá que logrou o ano pasado mobilizar a máis de 300 rapaces e rapazas e que congregou máis de mil persoas no litoral de Chapela. As organizadoras confían en repetir o éxito da primeira edición e repiten o programa, aínda que nesta ocasión o recadado será para Aldeas Infantiles. Haberá diferentes percorridos e distancias por idades e os maiores chegarán incluso a adentrarse na propia praia. Os adultos contará cos posibilidade de participar nunha clase de zumba a cargo de monitores da piscina de Chapela. Tamén haberá unha exhibición de bicicletas BMX. A actividade arrancará o domingo 23 ás 10:30 horas e ao remate haberá tamén sorteo de agasallos entre os participantes que deberán inscribirse previamente a través da páxina de facebook “mañá sobre rodas”.  

Maica Martínez Mañá sobre rodas
Unha actividade que nacía hai un ano
Deporte e agasallos
Unha cita solidaria

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará