A Concellería de Vías e obras despide o mandato cunha actuación cando menos curiosa que deixa a Estatua de Castelao, na alameda de Redondela, iluminada con chorros de diferentes cores. A instalacións destes chorros de auga con xogo de luces no estanque central pódese apreciar de cara á noitiña, cando son máis visibles as diferentes tonalidades.
Amosaba a súa satisfacción a concelleira de Vías e obras, Mª José Barciela, coa que é unha das súas últimas actuación ao fronte deste departamento, a colocación duns chorros de auga de cores no estanque que rodea a estatua de Castelao na Alameda de Redondela. Por primeira vez os veciños que onte se achegaban a estes céntricos xardíns podían ver esta nova ornamentación para unha das esculturas máis emblemáticas do concello.