Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Menos bolsas, pero moito plástico

RR_Noticias

Hai case un ano que as tendas e supermercados cobran polas bolsas de plástico. Os veciños de Redondela xa se acostumaron a levalas da casa e reutilizalas “por conciencia ecolóxica e por aforro”. Pero aínda hai demasiado plástico na compra diaria, e os consumidores demandan que se elimine tamén “o envasado excesivo e innecesario” de moitos produtos.

Hai case un ano que as bolsas de plástico xa non son de balde nos establecementos comerciais. Nun intento por redicur o seu uso, entrou en vigor unha normativa que obriga ao consumidor a pagalas desde xullo do ano pasado. E semella que o obxectivo cumpriuse, porque as tendas e supermercados despachan moitas menos bolsas. A inmensa maioría dos clientes usan bolsas “reutilizables” e lévanas da casa. En xeral “fano polo aforro”, como explica Cristina, que traballa nunha tenda de froitas. A bolsas adoitan costar entre 5 e 10 céntimos, pero os clientes prefiren non pagar este prezo. Tamén hai quen reduciu o uso de bolsas na súa compra “por conciencia ecolóxica”, como Almudena, xa que explica que o aforro realmente “non é moito”, pero entende que é neceario “reducir o plástico que consumimos”. Obrigar a cobrar as bolsas de plástico, normativa que comezou en xullo de 2018, foi o primeiro paso. A partir de 2021 prohibiranse todas as bolsas lixeiras e moi lixeiras que non sexan biodegradables. Unha medida que comparten moitos consumidores, xa que “non por pagar pode contaminarse o medio ambiente”, como explica Jose, quen sinala que se queren eliminar o plástico “deberían prohibilo”. Os veciños de Redondela tamén denuncian que esta normativa é “contradictora”, xa que se prohiban as bolsas para levar a compra “pero si se permita un envasado excesivo con plásticos, paquetes e bandexas de moitos produtos que son totalmente innecesarios”. Boa parte da cidadanía defende que se elimine “todo o plástico” e se utilicen envases feitos con outros materiais alternativos, ou mesmo de papel, como explica José Ramón, xa son moi contaminantes e fan “moito dano ao medio ambiente”. A Unión Europea acordou prohibir os plásticos de usar e tirar máis amplamente utilizados a partires de 2021. Cubertos, pratos, pallas, etc. serán retirados do mercado, así como produtos fabricados con plásticos oxo-degradables (por non ser biodegradables ) e algúns envases de poliesterino que se utilizan para comida rápida.

Menos bolsas
Desde que se cobran as bolsas os clientes lévanas da casa. En xeral "fano polo aforro" como explica Cristina que traballa nunha tenda de froitas.
Conciencia ecolóxica
Moitos veciños reutilizan as bolsas "por conciencia ecolóxica" xa que o aforro "non é moito" pero é neceario "reducir o plástico que consumimos".
Prohibir os plásticos
Algúns veciños mesmo apostan por prohibir o plástico por completo para evitar a contaminación.
Exceso de envases
Critican que a normativa é "contradictora" xa que se prohiban as bolsas para levar a compra "pero si se permita un envasado excesivo dos produtos con plásticos paquetes e bandexas innecesarios".
Grave prexuízo ao medio
Veciños como José Ramón piden quese elimine "todo o plástico" e se utilicen envases doutros materiais alternativos ou de papel.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará