Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Quince persoas xordocegas fan parada en Redondela na súa peregrinación cara Santiago

RR_Noticias

A alcaldesa Digna Rivas, recibia o sábado na Alameda os participantes do reto «A Santiago pola Xordocegueira», unha actividade que permite realizar o Camiño de Santiago a persoas xordocegas de toda Europa, acompañados polas súas familias, amizades e voluntarios e voluntarias. Unha actividade que conta co apoio da organización de Discapacidade Sensorial de Galicia, XOGA, coa que o concello mantén unha intensa colaboración.

Era a súa presidenta María Jesús Monterde a encargada precisamente de agradecer ao concello o taballo conxunto que están a desenvolver nos últimos qanos. De seguido falaba Digna Rivas quen expresaba a necesidade de visibilizar a xordocegueira “para conseguir unha inclusión efectiva e real destas persoas na sociedade”.
Nese senso, a alcaldesa redondelá incidía sobre a importancia de desenvolver “continuas accións” e subliñaba a importancia “de actividades como esta que non só contribúen a chamar a atención da sociedade sobre a problemática das persoas xordocegas, senón que lles permiten gozar dun tempo de lecer diferente”.
Precisamente, co obxectivo contribuír á visibilización destas persoas, o edificio do Concello de Redondela tinguirase de cor verde durante os vindeiros días 26 e 27 de xuño.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará