Paxaretas organiza este xoves 27 na Casa da Cultura ás 20:30 horas un acto de marcado carácter literario con intervención da xornalista e autora do libro “A memoria dun pobo” proxecto do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy. A Asociación feminista aproveitará para presentar un club de literatura feminista mixto que teñen previsto poñer en marcha proximamente.
O libro A Memoria dun pobo, escrito por Carolina Sertal, partiu dunha iniciativa do obradoiro de Estudos locais Fernando Monroy quen previamente recollera nun documental, baixo a dirección de Cuchi Carreira, a testemuña oral dos veciños de maior idade da parroquia de Cesantes. Os participantes rememoraban as súas vivencias persoais realizando así un percorrido pola historia da parroquia, entrevistas que logo foron trasladadas ao papel por Sertal nun libro notable tanto polos relatos dos veciños que alí aparecen como polas fotografías, moitas delas cedidas polos propios protagonistas.