Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG critica ao PP por buscar a confrontación veciñal co gallo dos actos relixiosos da Coca

RR_Noticias

Os nacionalistas aplauden a ausencia da maior parte dos representantes da corporación municipal nas procesións das pasadas festas, onde por primeiras vez o goberno local decidiu non acudir a este acto relixioso en representación do concello. Pola contra, critican a actitude do PP a quen cualifican de “forza incendiaria” por empregar as crenzas persoais para “fomentar un ambiente hostil entre a veciñanza”.

A organización nacionalista cualifica de “exemplar como viviron os e as redondeláns a ausencia da Corporación ás manifestacións de carácter relixioso”. Pola contra, repudian a actitude “do Partido Popular, quen se amosou como unha forza que emprega as crenzas persoais, para fomentar un ambiente hostil entre a veciñanza”.
Afirman que a ausencia aos actos relixiosos de concelleiros e concelleiras das forzas con representación municipal, agás o PP,  “non só foi a expresión dun acordo político, senón que recolleu o sentir da meirande parte da poboación, que vían a asistencia de cargos municipais nestes eventos, como un evidente oportunismo político”.
Tildan dende a forza nacionalista, de “incendiaria e irresponsábel” a estratexia marcada dende o Partido Popular, “pretendendo sacar tallada política desta nova situación, que a veciñanza viviu con absoluta normalidade”. Aseguran que o PP quedouse só nesta estratexia, rozando o ridículo máis espantoso.
Conclúen afirmando que “con esta iniciativa se tivo en conta a vontade, tanto dos crentes como dos non crentes” e poñen en valor a recepción que se prestou ás Penlas e Danzantes dende o Concello, remarcando o carácter civil deste acto “que verdadeiramente representa aos cargos electos pola vontade da veciñanza”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará