Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Críticas ao goberno do PP de Soutomaior por impor os plenos a unha do mediodía

RR_Noticias

Primeiro pleno celebrado en Soutomaior logo das eleccións municipais que  xa deixa ver a constante de enfrontamento que se vai vivir neste concello entre os dous únicos grupos con presenza na corporación, PP con 7 concelleiros e o BNG con seis. Unha sesión que serviu para establecer cuestións organizativas como a periodicidade dos plenos que se celebrarán o último xoves de meses alternos á unha do mediodía ou o salario do alcalde que ascende a 44.500 euros. Dende o BNG denuncian que o goberno local nestas cuestións “nin sequera quixo sentarse a negociar e lonxe de buscar algún acordo impuxo todos e cada un dos puntos no pleno de organización”.

A corporación municipal de Soutomaior celebrou o primeiro pleno do mandato tras as eleccións co obxectivo designar os integrantes das diferentes comisións informativas permanentes, así como a comisión de goberno e as retribucións dos participantes.
Así, o pleno acordou a creación de cinco comisións informativas sobre Obras, Urbanismo, Servizos e Medio Ambiente; Mocidade, Cultura e Participación Veciñal; Réxime interior e persoal; Igualdade, Benestar Social, Educación e Sanidade e unha última destinada ao control do tráfico no municipio. Todas as comisións contan con 7 representantes designados baixo o sistema de voto ponderado, polo que contarán con 4 membros do Partido Popular e 3 do Bloque Nacionalista.
No relativo ás retribucións o alcalde seguirá co mesmo soldo que o mandato anterior, 44.500 euros o que supón, segundo explican dende o BNG “o máximo legal que pode cobrar un alcalde dun concello como Soutomaior”.
Con todo, as críticas máis salientables fan referencia á celebracións dos plenos ordinarios que serán de carácter bimensual á unha do mediodía. Explican dende o Bloque que a súa propostas era “pactar un horario entre os grupos que permitise que o traballo político non interferise coas responsabilidade laborais dos concelleiros e que á súa vez os veciños puidesen acudir aos plenos” pero que malia a proposta o “PP nin sequera quixo sentarse a negociar e lonxe de buscar algún acordo impuxo todos e cada un dos puntos no pleno de organización”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará