Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela e Cuba, unidas pola música

RR_Noticias

O Conservatorio Municipal Víctor Ureña, incluído na Rede de Escolas da Unesco, participa xunto a outros centros galegos, cubanos e arxentinos, no proxecto “Camiños de ida e volta”. O centro redondelán pon música a este traballo de recuperación da memoria da emigración galega a través das historias dos seus protagonistas.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, recibiu este mércores a Delia Vera Medina, coordinadora da Rede de Escolas Asociadas á Unesco en Cuba, e a Luisa Márquez, coordinadora en Galicia, que destacou o traballo que desde hai 20 anos realizan conxuntamente varios centros galegos e tamén cubanos, aos que desde hai un ano se suma o Conservatorio víctor Ureña de Redondela. No acto participaron tamén José Pérez Arias, profesor do conservatorio, e a súa directora, Elisa Arias. Para Márquez proxectos como “Camiños de ida e volta” demostran que entre Galicia e Cuba existen moitos lazos e “temos máis semellanzas das que imaxinamos”. Delia Vera salientou tamén a importancia de que o conservatorio Víctor Ureña se sumase tamén a esta rede, e augurou moitas máis colaboracións no futuro entre o centro redondelán e o Conservatorio da Habana. Alumnos da escola de música cubana prepararán un concerto coas pezas adaptadas polo profesor do conservatorio redondelán, José Pérez Arias, que tamén lles fará chegar a partitura do Pasadoble de Redondela, de Reveriano Soutullo. Rivas amosouse moi satisfeita coa iniciativa e salientou o gran valor da música “como instrumento para a solidariedade, a convivencia, o diálogo intercultural e a paz”, valores todos eles incluidos neste proxecto. O Conservatorio Víctor Ureña de Redondela é, dende o 2018, unha escola asociada á Unesco, e o único conservatorio municipal de España incluído nesta rede, da que forman parte máis de 10.000 centros de 180 países de todo o mundo.

Luisa Márquez coordinadora da Rede de Escolas da Unesco en Galicia
Para Márquez proxectos como "Camiños de ida e volta" demostran que hai moitos lazos que unen Cuba e Galicia.
Delia Vera coordinadora da Rede de Escolas da Unesco en Cuba
Vera augurou moitas colaboracións no futuro entre o conservatorio de Redondela e o da Habana.
Digna Rivas alcaldesa de Redondela
Rivas amosouse moi satisfeita coa iniciativa e salientou o gran valor da música "como instrumento para a solidariedade a convivencia o diálogo intercultural e a paz".

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará